Espazo dedicado ás persoas emprendedoras

Coñece ás nosas persoas emprendedoras:

¿Que é Emprende na rede?

Emprende na rede é un espazo dedicado aos emprendedores, deseñado e constiuído para crear un lugar de networking entre os diferentes emprendedores.

Máis de 5000 empresas iniciaron a súa actividade co servizo de asesoramento a emprendedores (SAE) da MAIV. Agora están asentadas no mercado, e algunhas delas mesmo teñen proxección internacional.

Dende esta rede non só pretendemos seguir ofrecendo os nosos servizos, senón tamén a posibilidade de xerar sinerxías entre todos.

Convidámosvos a emprender na rede connosco.

Obxectivos

Baseándonos nos últimos cambios sociais e de hábitos da cidadanía, decidimos crear un centro de negocios en liña. Un espazo co que se pretende:

  • Aumentar a visibilidade das persoas emprendedoras na contorna web.
  • Facilitar a promoción dos bens e servizos que ofertan os emprendedores.
  • Crear unha comunidade para promover a conexión entre as persoas emprendedoras.

Enrédate

Ademais do espazo web utilizaremos as redes sociais como ferramentas de comunicación para crear oportunidades de coworking.

Tamén podes unirte á lista de difusión de Whatsapp, a través do cal compartiremos información e noticias de interese. Crear unha comunidade entre as persoas emprendedoras e que se axuden mutuamente a crecer e a aportar un maior valor ó comercio local.

Axudas e subvencións


Guías e Consellos


  • ELECCIÓN DE FORMA XURÍDICA
    A forma xurídica é a estrutura legal pola que un negocio existe ante a lei: define quen responde fronte a terceiros, como tributa, como se configura o capital social e que trámites son necesarios. É unha das primeiras decisións estratéxicas dun emprendedor.
  • TIPOS DE COOPERATIVAS
    Cando se inicia un proxecto colectivo, escoller a forma xurídica adecuada é esencial. As cooperativas ofrecen modelos diversos que se adaptan a distintas necesidades. E ti, que tipo de cooperativa necesitas?
  • SOCIEDADE LIMITADA PROFESIONAL (S.L.P.)
    ¿Es profesional colexiado e estás pensando en dar un paso máis alá do traballo como autónomo? A Sociedade Limitada Profesional pode ser a fórmula que necesitas para crecer con seguridade e prestixio.
  • OBRADOIRO ARTESÁN: UN CAMIÑO DE CREATIVIDADE E EMPRENDEMENTO
    Os obradoiros artesáns son espazos onde a tradición e a innovación se dan a man, dando opción que as persoas emprendedoras poidan transformar as súas habilidades e a súa paixón en proxectos profesionais. Se estás pensando en dedicarte a unha actividade artesá, aquí tes algúns consellos prácticos para dar os primeiros pasos con éxito.

Novas


  • DOMINGOS E FESTIVOS DE APERTURA COMERCIAL 2026
    Coñece os dez domingos e festivos nos que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos durante o ano 2026.
  • CONVOCATORIA 8ª EDICIÓN VIAEXTERIOR 2025
    Xa está aberta a convocatoria para a 8ª edición da ViaExterior, a aceleradora multisectorial deseñada para promover, acelerar e aumentar a probabilidade de éxito no proceso de internacionalización das empresas galegas.
  • XORNADAS FORMATIVAS ECONOMÍA SOCIAL 2025
    O vindeiro 16 de setembro EspazoCoop organiza en Vigo dúas xornadas para o fortalecemento e proxección da economía social galega. Pola mañá celebrarase a sesión “Consolida+ – Cooperativas máis fortes”, centrada en compartir resultados, boas prácticas e axudas para a consolidación de cooperativas. Pola tarde terá lugar a xornada “Accede a Contratos Públicos”, co fin de capacitar ás entidades da economía social no acceso á compra pública.
  • PREMIOS DO COMERCIO GALEGO 2025
    A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración convoca os Premios do Comercio Galego 2025, destinados a recoñecer a excelencia, a innovación e a sustentabilidade no sector comercial.